LÍNGUAS MINORITÁRIAS NA EUROPA (X)
11 Março, 2005 at 8:24 am 2 comentários
“Mención á parte merece a figura polifacética de Castelao, un clásico da cultura galega en tódalas áreas en que manifesta a súa arte e que ten unha grande significación política plasmada tanto na súa obra ensaística – Sempre en Galiza – coma no seu labor no seo do Partido Galeguista, xogando un papel moi importante na aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936.
No Estatuto aprobado no 36 a lingua galega adquire por vez primeira o recoñecemento de “idioma oficial de Galicia”, mais non chegou a ter aplicación práctica por mor do estoupido da Guerra Civil.
A chama da cultura, do idioma e da identidade de Galicia mantívose viva no exilio, mentres no noso país se producían tímidos intentos de recuperación (colección Benito Soto de poesía, suplemento semanal bilingüe do xornal La Noche), ata que no 50 se constitúe a Editorial Galaxia.
A partir dos 60 vanse producir cambios no eido económico e social e unha leve atenuación da censura. Exemplos deste aperturismo foron a publicación de Grial, a instauración do Día das Letras Galegas, a ampliación do mundo editorial con Ediciós do Castro, as asociacións culturais en defensa do galego…
A Universidade galega non queda á marxe destas inquedanzas e toma parte activa no proceso de recuperación coa creación no 65 da Cátedra de Lingua e Literatura Galegas e, seis anos despois, do Instituto da Lingua Galega.
A instauración do réxime democrático en España senta as condicións para a normalización do galego. Ó abeiro do disposto na Constitución Española de 1978, o Estatuto de Autonomía de Galicia (1981) establece que o galego é, xunto co castelán, lingua oficial de Galicia.
O 15 de xuño de 1983 o Parlamento de Galicia aprobaba, co consenso de tódolos grupos parlamentarios, a Lei de Normalización Lingüística de Galicia que pasa a se constituír na ferramenta legal imprescindible para o exercicio dos nosos dereitos lingüísticos.
Nos anos transcorridos desde a aprobación da Lei de Normalización Lingüística experimentáronse avances substantivos no proceso de dignificación lingüística ó tempo que se ían aprobando diferentes disposicións lexislativas.
Doutra banda, ó abeiro da actitude do conxunto da poboación (manifestamente favorable á extensión do uso social do galego), desenvolvéronse numerosas campañas de sensibilización colectiva orientadas a prestixia-lo uso da lingua e a incidir no cambio de actitudes lingüísticas individuais.
E ata aquí chegou o noso percorrido histórico.”
Também na blogosfera, podemos encontrar inúmeros blogues em galego (ver “directório”), de que aqui destaco o Días Estranhos, de Martin Pawley (adoptando uma norma não integralmente coincidente com a norma oficial do galego) ou o Esbardalladas de Akin.
Links a consultar:
http://galego.org/historia12.html
http://galego.org/historia13.html
http://galego.org/historia14.html
http://galego.org/historia15.html
http://galego.org/historia16.html
http://galego.org/historia17.html
http://galego.org/hoxe/hoxe.html
P. S. “NO OLVIDAMOS“ – Para que nunca mais volte a haver um “11-M” como o de Madrid, faz hoje um ano.
[2138]
Entry filed under: Cultura, Artes e Letras.




1.
sharkinho | 11 Março, 2005 às 5:33 pm
Atão rapaz? Não me dizes nada? Estamos zangados ou deixaste de gostar de mim?
Responde lá aos meus meiles, mesmo que seja com um insultozito, uma berlaitada virtual, sei lá.
Mas um desprezo assim tão vincado, porra…
Abraço, pá.
2.
Martin Pawley | 11 Março, 2005 às 9:09 pm
Hai xa un bon número de blogs en galego. A listaxe mais completa atópase neste enderezo: Blogaliza.
Obrigado polo interese, Leonel.