LÍNGUAS MINORITÁRIAS NA EUROPA (IX)
“Entre os séculos XII e XIV o galego convértese na lingua por excelencia de toda a lírica da Península. Propiamente debemos falar de lírica galego-portuguesa.
Dese período datan composicións como: as Cantigas de Santa María, a Historia Troiana, a Crónica Troiana, os Miragres de Santiago, as Cantigas de Martín Codax…
O asentamento dunha nobreza estranxeira, intransixente coa cultura e a lingua de Galicia, a diminución da poboación, a perda de autonomía da igrexa galega… provocan que o galego estea practicamente ausente dos usos escritos. Son os chamados Séculos Escuros e abranguen desde o XVI ó XVIII.
No s. XVIII xorden as voces de denuncia dos chamados “ilustrados”, que reivindican a normalización da lingua galega. Entre eles destaca a figura de Frei Martín Sarmiento.
“Rexurdimento” é o nome co que se coñece o século XIX na nosa historia e expresa nitidamente o que foi unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en 1863 de Cantares Gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento Pleno.
A comezos do s. XX, o galeguismo evoluciona cara ó nacionalismo, provocando un salto cualitativo na utilización da lingua. Nacen as Irmandades da Fala e Galicia queda incluída na Sociedade de Nacións de Xenebra.
No ano 20 comeza a publicación de NÓS, revista que dá nome a unha xeración que procurou (e conseguiuno) saca-la cultura galega do folclorismo e do influxo unilateral da cultura castelá. A cultura galega entra en contacto coas ideas estéticas europeas e o galego é usado en obras de carácter científico.
Nos anos vinte hai un importante avance no estatus do galego, crease o Seminario de Estudios Galegos, os movementos europeos de vangarda non lle resultan alleos á lírica galega, os autores da “Xeración do 25” demostran unha grande orixinalidade creativa…”
(continua)
Links a consultar:
http://galego.org/historia8.html
http://galego.org/historia9.html
http://galego.org/historia10.html
http://galego.org/historia11.html
[2136]
Entry filed under: Cultura, Artes e Letras.



