LÍNGUAS MINORITÁRIAS NA EUROPA (VII)
“Para nós, as galegas e galegos, ó igual que para o resto dos pobos do mundo, a lingua é o xeito que temos de interpretar e expresármo-la realidade e a cultura.
O idioma é a base das nosas experiencias, dos costumes, das festas, da arte, da música … en palabras dun dos nosos pensadores, “unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte”.
O galego é a “lingua propia de Galicia” gracias ós millóns de persoas que ó durante moitas xeracións soubemos mante-la nosa lingua como sinal de afirmación colectiva, tanto nos momentos de maior esplendor, como nas situacións máis complicadas e difíciles.
Actualmente máis de tres millóns de persoas falamos galego, tanto en Galicia e as zonas limítrofes (occidentes de Asturias, León e Zamora), como nas varias ducias de países onde marcharon traballa-los nosos emigrantes.
Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe preindoeuropea e ó igual que os celtas – indoeuropeos – deixaron a súa pegada na nosa lingua.
Deste xeito, atopamos no galego palabras preindoeuropeas (amorodo, lastra, veiga, etc.) e voces celtas como berce, bugallo, croio… que chegaron á nosa lingua unhas veces directamente e outras a través do latín.”
(continua)
Links a consultar:
http://galego.org/historia2.html
http://galego.org/historia3.html
http://galego.org/historia4.html
Ainda sobre a questão da norma linguística:
http://omar.blogalia.com/historias/9440
http://omar.blogalia.com/historias/10027
http://omar.blogalia.com/historias/10191
[2130]
Entry filed under: Cultura, Artes e Letras.



